• Novas
  • 01 de junio de 2022

No Día do Doante de Órganos e Tecidos as entidades piden que activemos o xene doador que levamos dentro

No Día do Doante de Órganos e Tecidos as entidades piden que activemos o xene doador que levamos dentro

Baixo o lema `Todas temos un xene doante. Actívao!´, as entidades de Alcer saen á rúa neste Día do Doante de Órganos e Tecidos para reivindicar e sensibilizar sobre a importancia da doazón.

Durante o ano pasado, en España realizáronse 4.781 transplantes de órganos procedentes de 1.905 persoas doadoras e 324 transplantes de doante vivo. En Galicia, percíbese un aumento do número de persoas doadoras, pasando de 110 a 112 este ano 2022, estando un punto por riba da taxa de poboación de doantes por millón de habitantes (41,6 pmp Galicia -  40,2 pmp España). Foron 298 os transplantes realizados o ano pasado, sendo de ril 140.

As entidades orgánicas que forman parte de COGAMI, como son Alcer e Asotrame, aproveitan esta celebración do Día do Doante de Órganos para sensibilizar en que tomando decisións solidarias e altruístas sobre o noso corpo, podemos facer unha sociedade mellor e contribuír a que moitas persoas poidan manter o seu proxecto de vida.