• Novas
  • 19 de enero de 2021

Novo vehículo adaptado para a asociación ADISBISMUR que cubre a ruta de Mazaricos ata o centro de Valadares

Novo vehículo adaptado para a asociación ADISBISMUR que cubre a ruta de Mazaricos ata o centro de Valadares

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) dispón dun novo vehículo adaptado para o transporte das persoas usuarias do seu centro de recursos de Valadares que se desprazan dende o concello de Mazaricos.

Co fin de mellorar a mobilidade e a calidade de vida das persoas do centro, a Fundación ONCE, a través do Plan de Prioridades, colaborou cunha subvención de 13.000 euros na adquisición deste novo vehículo, un modelo Ford Transit con capacidade para 9 prazas e con rampla de acceso adaptada.

Este vehículo vén a completar a flota que ten a entidade, un total de sete furgonetas adaptadas, que serven para transportar ás 48 persoas que de luns a venres acoden ata o centro de Valadares dende os concellos de Noia, Muros, Outes, Mazaricos, O Pindo, Carnota e Negreira, comprendendo unhas rutas con traxectos que superan os 100 quilómetros diarios.

Dende ADISBISMUR recalcan a necesidade de contar cun servizo de transporte adaptado para as persoas con discapacidade, permitíndolles poder acudir ata o centro e participar dos seus servizos que lles melloran a calidade de vida.