• Novas
  • 10 de abril de 2023

O centro de COGAMI en Medelo aproveita o bo tempo para realizar rutas de sendeirismo pola zona

O centro de COGAMI en Medelo aproveita o bo tempo para realizar rutas de sendeirismo pola zona

Estes días soleados son os propicios para poder saír dos centros e estar en contacto coa natureza. Isto é que o fixeron no centro de recursos que ten COGAMI en Medelo. Un grupo formado por 13 persoas usuarias, 4 profesionais e unha persoa en prácticas realizaron unha andaina pola ruta de sendeirismo Ulla Pontevea.

Percorreron arredor dos preto de sete quilómetros que mide este circuíto definido como de baixa dificultade e con trazado polas marxes do río Ulla ao seu paso polos concellos de A Estrada e Teo.

Todas as persoas participantes nesta actividade levaron cadanseu xantar que degustaron en compaña da natureza e ao aire libre.