Un grupo de dez persoas usuarias, acompañadas de 4 profesionais e 1 persoa en prácticas do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, desprazáronse ata o CPI Plurilingüe de Vedra para impartir unhas xornadas de concienciación e sensibilización sobre a discapacidade.
As aulas que participaron nesta xornada inclusiva foron de infantil, 3º de primaria e 1º ESO. Como son diferentes idades, dende Medelo levaron preparadas actividades adaptadas a cada unha destas idades, como contacontos, xincanas multisensoriais e xogos sensibilizadores.
Esta actividade resultou ser moi participativa onde as nenas e nenos puideron experimentar en primeira persoa como se despraza unha persoa usuaria de cadeira de rodas, como supera os obstáculos que atopa pola rúa e tamén como se guía unha persoa cega, por exemplo.