• Novas
  • 07 de marzo de 2018

O centro de Medelo acolle un curso de informática básica para persoas con discapacidade

O centro de Medelo acolle un curso de informática básica para persoas con discapacidade


O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo é o lugar onde se imparte o curso de Informática básica que iniciou esta semana e que financia a Consellería de Política Social e cofinancia o Fondo Social Europeo a través do programa operativo de Galicia 2014-2020 para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Esta acción formativa consta de 100 horas lectivas que se impartirán ata o día 3 de abril en horario de 16 a 21 horas, e está dividida nos seguintes módulos: Windows e Internet, Microsoft Word e Microsoft Excel.

O curso inicia con 12 persoas (8 homes e 4 mulleres)  que proceden dos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer a nivel usuario o funcionamento básico dun ordenador executando instrucións sobre as aplicacións máis comúns de ofimática e internet.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 282 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual inscritas da comarca de Deza, 164 homes e 118 mulleres.