A Xunta incrementou as prazas públicas no centro que COGAMI ten en Medelo, Silleda, ata chegar ás 21, como anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a visita realizada ás instalacións nas que a Xunta inviste anualmente 222.000 euros. A Conselleira agradeceu o traballo realizado no centro e por converter a toda a comarca do Deza nun lugar más solidario, accesible e integrador.
Na visita, a Conselleira, xunto ao Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, acompañou ás persoas usuarias na celebración do Entroido e tamén puido ver as actividades de cerámica e traballos con tecidos de coiro que realizan no centro. Fabiola García apostou por seguir impulsando medidas que integren ás persoas con discapacidade para facer de Galicia un lugar máis xusto para todos.