• Novas
  • 18 de mayo de 2022

O centro que COGAMI ten en Medelo contará cun posto na feira de Bandeira

O centro que COGAMI ten en Medelo contará cun posto na feira de Bandeira

O Concello de Silleda e COGAMI continúan a súa colaboración a través dun convenio para que o centro de recursos que a entidade ten en Medelo, na parroquia de Manduas, poida poñer un posto de venda os días 14 e 29 na feira da Bandeira.

Deste xeito, o personal do centro, que conta con 26 persoas usuarias, poderá vender neste mercado tradicional os produtos artesanais que se elaboran nos seus obradoiros. “Con este novo acordo continuamos a apoiar a importante labor que COGAMI vén realizando neste centro”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, que asinou o convenio acompañado das concelleiras de Iguadade e Benestar, Ángela Troitiño, e de Comercio, Pili Peón.

Pola súa banda, Iván García, director do centro de recursos de Medelo, agradeceu esta nova colaboración do Concello de Silleda, que permitirá á entidade seguir avanzando na súa labor no eido da inserción social e laboral das persoas con discapacidade.

No centro de Medelo realízanse obradoiros de cociña, traballos con vimbia, coiro, barro, madeira, teares... que contribúen a potenciar a formación e desenvolvemento das persoas usuarias. Con esta iniciativa contribúese ademais a que as persoas usuarias do centro melloren a súa interacción coa contorna e a sociedade en xeral.

Coa asistencia a esta feira da Bandeira, onde o público poderá adquirir distintos produtos artesanais realizados no centro de Medelo, “unha forma de colaborar cunha boa causa, con produtos que levan como valor engadido un compoñente social”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.