O Cermi exixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible e inclusiva
  • Novas
  • 03 de mayo de 2021

O Cermi exixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible e inclusiva

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidade (Cermi) exixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable economicamente e inclusiva como elemento esencial para unha vida independente e participativa.

COGAMI únese a esta reivindicación lanzada polo Cermi Nacional nun manifesto con motivo da conmemoración do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade durante o 3 de maio dende que o estableceu oficialmente o Consello de Ministros en 2019 a proposta do propio Cermi.

Outra das reivindicacións deste día está relacionada con que se teña en conta a discapacidade na ordenación e aseguramento do dereito á vivenda e para iso debe abordarse como parte da lexislación e políticas públicas xerais de vivenda. Para o Cermi, é necesario aprobar unha Lei Xeral de Garantía do Dereito Social á Vivenda e tamén cre que debe aumentar o parque público de vivenda ao que debería dedicar un 2%do PIB.

Dende o Cermi faise especial fincapé na accesibilidade universal como norma que debe guiar os principios e actuacións das políticas públicas e normativas vinculadas á vivenda, porque do contrario, di que excluirase ás persoas con discapacidade. Entre as demandas urxentes que se solicita resolver canto antes está a reforma da Lei de Propiedade Horizontal para que as obras de accesibilidade sexan obrigatorias para a comunidade de propietarios cando as soliciten veciñas ou veciños con discapacidade ou maiores de 70 anos.