• Novas
  • 20 de marzo de 2023

O Concello de Tui recoñece a COGAMI como entidade colaboradora co emprego local

O Concello de Tui recoñece a COGAMI como entidade colaboradora co emprego local

A coordinadora da oficina que COGAMI ten en Vigo, Susana Rodríguez da Silva, foi a persoa encargada de representar á nosa Organización para recoller un recoñecemento que pon en valor o traballo de COGAMI a prol das persoas con discapacidade do Concello de Tui.

Nun acto celebrado durante as xornadas Xuntos polo emprego, a administración local quixo reafirmar o seu compromiso na mellora do emprego da veciñanza e por iso entregou uns recoñecementos a aquelas empresas e entidades colaboradoras co emprego local, como é o caso de COGAMI, en ámbitos dende o institucional, asociativo e empresarial.

O servizo de Emprego de COGAMI desprázase ata o Concello de Tui dende o ano 2003 para atender as necesidades das persoas con discapacidade deste municipio, das que 145 están inscritas na base de datos do servizo.  A orientadora laboral, Laura Malvar, achégase unha ou dúas veces ao mes ata o centro Sociocomunitario ou o centro de formación Guillarei para atender ás persoas usuarias.