• Novas
  • 02 de mayo de 2018

O concello de Vigo oferta un posto de condutor de transporte adaptado para o centro que ten COGAMI na cidade

O concello de Vigo oferta un posto de condutor de transporte adaptado para o centro que ten COGAMI na cidade

As instalacións que ten COGAMI en Vigo (rúa Teixugueiras, nº 15, baixo) precisan un condutor ou condutora de transporte adaptado para que poida prestar servizo ás persoas con discapacidade do concello de Vigo e promover a súa participación a servizos e actividades especializadas.

Os requisitos para desempeñar este posto serán, ademais de cumprir co perfil do posto demandado, estar empadroado no concello de Vigo, ser demandante de emprego e contar con experiencia en postos similares no ámbito do terceiro sector e relacionado coa discapacidade.

O contrato terá unha duración de 5 meses a xornada completa e será para prestar servizo de transporte adaptado a un mínimo de 22 persoas do concello vigués a diario de luns a venres, contabilizando tanto a ida como a volta.

Esta oferta de emprego está financiada polo concello de Vigo, con cargo á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018.

As persoas que cumpran con estes requisitos, deben enviar o seu curriculum a través da páxina web http://www.cogami.gal/unete-a-nos/traballa-con-nos/ ou na oficina de COGAMI na cidade, na rúa Teixugueiras, nº 15, baixo. 36212 Vigo.