• Novas
  • 12 de enero de 2022

O Delegado da Xunta visita o curso AFD que COGAMI imparte na entidade Íntegro

O Delegado da Xunta visita o curso AFD que COGAMI imparte na entidade Íntegro

O curso de Operacións Auxiliares en Servizos Administrativos e Xerais, que imparte COGAMI nas instalacións da entidade membro Íntegro e no que se están a formar 15 persoas, recibiu a visita do delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, quen chegou acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños.

Este curso clasificado como AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas) conta cun apoio da Xunta de máis de 35.400 euros e estase desenvolvendo nun centro homologado, podendo ser tanto empresas como concellos ou, como neste caso, entidades sen ánimo de lucro.

Todo o alumnado que participa nestes cursos AFD ten dereito, sempre e cando cumpra cos requisitos, a becas que inclúen transporte, mantemento, aloxamento, conciliación e apoio a alumnado vítima de violencia de xénero ou con necesidades especiais.

O obxectivo deste tipo de formacións é aumentar a ocupabilidade nas persoas sen traballo, facilitándolles o acceso ao mercado laboral ao tempo que se crea un capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas, como así amosan as cifras das últimas edicións: o 60% das persoas formadas acadaron un grao de inserción.