• Novas
  • 24 de febrero de 2022

O Delegado do Goberno informa a COGAMI que o Plan de Recuperación inclúe 164 millóns para a inclusión

O Delegado do Goberno informa a COGAMI que o Plan de Recuperación inclúe 164 millóns para a inclusión

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, acompañado do secretario, Víctor Silva, mantiveron unha xuntanza co delegado do goberno en Galicia, José Miñones, na que falaron sobre as distintas liñas do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España para a mellora das persoas con discapacidade, a través da financiación de proxectos de economía social, accesibilidade e adaptación de vivendas.

O Delegado informou do investimento de máis de 164 millóns de euros asignados a Galicia para a execución de nove proxectos para a modernización e adaptación de equipamentos e vehículos, a accesibilidade dos servizos públicos e reforzo de equipos de valoración. Quiñones informou que a este importe sumaranse convocatorias novas que canalizarán máis fondos europeos a proxectos de entidades sociais.

O delegado expresou o apoio ao labor que se desenvolve en COGAMI a favor da inclusión e anunciou que o  Plan de Recuperación ofrece a oportunidade de instalar enerxías renovables para modernizar e mellorar a eficiencia de  instalacións como as do centro especial de emprego de economía social Hornos de Lamastelle que COGAMI Empresarial ten no concello de Oleiros.

Outros dos servizos que cubrirían este plan son a transformación da rede de coidadores de longa duración a través de equipamentos, para proxectos de innovación de servizos sociais, para a mellora de servizos de protección da infancia, para teleasistencia e vivendas conectadas, para a modernización de vehículos de entidades de iniciativa social, para a mellora da accesibilidade nos concellos galegos,  para equipos de valoración, modernización tecnolóxica dos servizos sociais e para facer unha adminstración máis accesible para as persoas con discapacidade.