As concelleiras do PP de Ferrol, Rosa Martínez e Verónica Casa, visitaron as instalacións que COGAMI ten na cidade, onde foron recibidas polo vicepresidente, Ramón Sestayo, e a directora da centro, María Aneiros.
Durante esta visita, dende a Organización comentaron ás concelleiras que o ámbito de actuación da oficina que está ubicada na rúa Sánchez Calviño, esténdese dende Ferrolterra ata Ortigueira, e conta cunha base de datos que superan as máis de 3.000 persoas con discapacidade inscritas, das que 1.209 (550 mulleres e 659 homes) residen no concello ferrolán.
Dende COGAMI tamén se lles anunciou ás concelleiras que se vai abrir para o ano que vén un centro de día que contará con 20 prazas reservadas a persoas con discapacidade menores de 60 anos. Con este novo servizo, Verónica Casal apuntou “Felicitamos a COGAMI pola posta en marcha deste novo centro de día que non só atenderá as necesidades das persoas con discapacidade, tamén ofertará formación e servizos específicos, como fisioterapia e logopedia, para mellorar a calidade de vida das persoas usuarias”.