• Novas
  • 17 de agosto de 2020

O presidente de A Xanela fai balanzo dos dous anos que leva dirixindo a entidade

O presidente de A Xanela fai balanzo dos dous anos que leva dirixindo a entidade

En xuño de 2018, Carlos Castro foi elixido para liderar a asociación A Xanela, unha entidade que traballa pola defensa dos dereitos e a inclusión das persoas con discapacidade de As Pontes. Tras xa dous anos representando o cargo, Carlos Castro fai un balanzo positivo, no que, segundo di “traballamos con ilusión, esforzo e dedicación para desenvolver novos servizos e actividades”.


A Xanela conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos das persoas con discapacidade. Ten arestora máis de 200 persoas asociadas dos concellos de As Pontes, As Somozas, A Capela e Xermade. Dirixidas a elas, desenvolven servizos de rehabilitación integral, que tratan de maximizar a autonomía das persoas dentro do seu medio, previndo as secuelas do deterioro que se poden reflectir nunha situación de exclusión social.

“Na  nosa comarca non existen recursos para o noso colectivo, pero contamos cunha implicación total e colaboradora por parte do Concello”, explica o presidente de A Xanela.  Precisamente, o propio concello de As Pontes vén de agasallar o labor desenvolvido pola entidade ao outorgarlle o nome dunha rúa, feito que acolleuse “con moito orgullo”, en palabras do Presidente.

Entre os plans previstos a curto prazo, dende A Xanela pretenden continuar cos servizos que veñen desenvolvendo ata o de agora, como o de terapia ocupacional que conta con programas de estimulación cognitiva e sensorial. Como novidade, está pendente o deseño dun parque adaptado e inclusivo a persoas maiores e menores.