• Novas
  • 19 de mayo de 2023

O programa de atención especializada financiado con fondos da X Solidaria beneficia a 77 persoas usuarias de GRUMICO

O programa de atención especializada financiado con fondos da X Solidaria beneficia a 77 persoas usuarias de GRUMICO

A asociación GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña) continúa co seu programa de Atención Especializada no que presta servizos de traballo social, fisioterapia, terapia ocupacional, transporte adaptado e, como novidade deste ano, suma o servizo de apoio psicolóxico, co fin de mellorar a autonomía persoal e a independencia das 77 persoas beneficiarias.

Baseándose nun modelo de atención centrado na persoa, neste programa de atención todo o equipo profesional traballa de xeito coordinado e sempre en continua comunicación coas persoas beneficiarias.

Este proxecto é posible a través do cofinanciamento da Xunta de Galicia cos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria.