• Novas
  • 02 de enero de 2023

O programa de atención especializada que desenvolve AGL contou coa participación de 80 persoas con linfedema e lipedema

O programa de atención especializada que desenvolve AGL contou coa participación de 80 persoas con linfedema e lipedema

A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) desenvolveu durante este ano un programa de atención especializada en fisioterapia que resulta imprescindible para as persoas con este tipo de doenzas. A finalidade é a de mellorar as capacidades e facilitar a autonomía das persoas a través da integración social e laboral.

A través deste Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade beneficiáronse un total de 80 persoas tras recibir mensualmente dúas sesións de drenaxe linfático manual. Todas as persoas usuarias, ao pasar por este programa notaron os beneficios tras reducir os efectos incapacitantes destas doenzas.

Este proxecto de atención especializada forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) e está cofinanciado a través da Fundación ONCE, polos fondos que lle chegan da asignación do 0,7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 da X Solidaria e que xestiona a Xunta, ademais da Deputación de A Coruña e a Deputación de Pontevedra.

O servizo especializado de fisioterapia para persoas con linfedema e lipedema desenvolveuse en 12 clínicas especializadas de diferentes concellos, como os de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Ferrol, Culleredo e Baio. O programa consiste na realización de 2 sesións ao mes deste tratamento de mantemento que a día de hoxe resulta ser uns dos máis efectivos.