• Novas
  • 28 de octubre de 2022

O programa de atención integral da asociación Amizade beneficia a máis de oitenta persoas con discapacidade

O programa de atención integral da asociación Amizade beneficia a máis de oitenta persoas con discapacidade

Máis de oitenta persoas usuarias da asociación Amizade son as beneficiarias do programa de Atención Integral para Persoas con Discapacidade, que ten por finalidade mellorar a calidade de vida das persoas así como favorecer a súa autonomía persoal. Ata o mes de outubro xa se beneficiaran máis de 80 persoas durante este ano

Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron o cadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social.

A asociación Amizade executa este proxecto seguindo a misión da entidade de contribuir á mellora da calidade das vida de persoas con discapacidade e promovendo as súas oportunidades de participación social.

Este proxecto permite a coordinación e xestión das diversas actividades e servizos da entidade, enfocados na promoción da autonomía persoal con servizos como logopedia, fisioterapia, apoio psicolóxico e nas actividades de lecer, que engloba servizos como obradoiro de lecer, ximnasio adaptado, tenis de mesa, taekwondo,... Outros dos servizos que desenvolve é o de información e asesoramento mediante o que se resolven dúbidas sobre unha variedade de temáticas.