• Novas
  • 24 de mayo de 2022

O programa de promoción da autonomía persoal da entidade AODEMPER beneficiará a 100 persoas

O programa de promoción da autonomía persoal da entidade AODEMPER beneficiará a 100 persoas

A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) continúa durante este ano co programa de Promoción da Autonomía Persoal que propón mellorar e adaptar os servizos que ofrece a entidade ás TIC, favorecendo a participación activa e autónoma de 100 persoas no seu propio proceso de mellora.

Este proxecto é posible tras ser financiado con 15.000 euros procedentes dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda que achegaron as persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e que xestiona a Xunta de Galicia, máis coñecidos pola X Solidaria.

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a taxa de esclerose múltiple en España é de 1,44 persoas cada 1.000 habitantes, a da enfermidade de Párkinson é de 2,74 e a das enfermidades raras de 2,78. As cifras aumentan en Galicia, situándose en 1,60 a de esclerose múltiple (Ourense é a provincia española coa taxa máis elevada –1,84– a nivel estatal), en 4,91 a de Párkinson e en 2,86 a de enfermidades raras.