• Novas
  • 30 de diciembre de 2021

O programa de rehabilitación integral de GRUMICO beneficia a 75 persoas de A Coruña

O programa de rehabilitación integral de GRUMICO beneficia a 75 persoas de A Coruña

Un total de 75 persoas con discapacidade de A Coruña participaron no programa integral e interdisciplinar de rehabilitación que ofrece o Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO), co fin de acadar a mellora da autonomía persoal e independencia nos que interveñen os servizos de traballo social, fisioterapia e terapia ocupacional.

Este proxecto fíxose posible co cofinanzamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecido como a X Solidaria.

O programa integral e interdisciplinar de GRUMICO contou cun orzamento de 14.000 euros procedentes da convocatoria de subvencións do 0,7% do IRPF das persoas contribuíntes.