• Novas
  • 31 de marzo de 2022

O programa EM-Movemento da asociación AODEMPER resulta ser beneficiario da Fundación Banco Santander

O programa EM-Movemento da asociación AODEMPER resulta ser beneficiario da Fundación Banco Santander

O proxecto EM-Movemento da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) resultou ser beneficiario da 23ª Convocatoria do Programa Santander Axuda da Fundación Banco Santander, destinado a entidades sen ánimo de lucro coa posta en marcha de proxectos sociais que permiten a mellora da calidade de vida de persoas en situación de vulnerabilidade.

Membros da xunta directiva da entidade recibiron un cheque por valor de 5.000€ que lles foi entregado por representantes da zona do Santander en Ourense. Este orzamento será investido na compra dun MOTOmed para o programa de fisioterapia que desenvolve AODEMPER.

A través do programa EM-Movemento, a entidade realiza intervención fisioterapéutica. Coa compra do aparato MOTOmed, a e o paciente neurolóxico pode realizar movementos funcionais dos membros superiores e inferiores, tanto de forma activa como pasiva, o que lle permite mellorar ou manter as súas capacidades físicas ao conseguir un respiro na espasticidade, relaxación e fortalecemento muscular.

Coa adquisición deste material, dende AODEMPER afirman que preto de 180 persoas con esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras van mellorar a súa calidade de vida