A Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame) conta dende hai tres anos cunha vivenda en A Coruña, preto do hospital CHUAC, que permite a familiares de pacientes ou expacientes con tratamentos de cancro hematolóxico de longa duración, poidan facer uso dela mentres dura o ingreso hospitalario do familiar.
Denominado Como en Casa, este proxecto é financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcan o recadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido pola X Solidaria.
Dende a posta en marcha deste proxecto, xa foron quince as familias que puideron facer uso desta vivenda que, durante este ano por mor da pandemia, extremouse a precaución de desinfección a cargo dunha empresa especializada durante a estancia das familias.