• Novas
  • 29 de junio de 2022

O servizo de asesoramento xurídico de COGAMI responde a preto de cincuenta consultas dende xaneiro

O servizo de asesoramento xurídico de COGAMI responde a preto de cincuenta consultas dende xaneiro

COGAMI conta cun programa de Atención Integral que comprende un servizo de asesoramento especializado dirixido a persoas con discapacidade e tamén a entidades representativas das persoas con discapacidade. Ten por obxectivo principal apoiar, informar e asesorar sobre os recursos sociais existentes no ámbito da discapacidade e desenvolver intervencións sociais nas situacións que o precisen, estes serían os servizos que presta a área Xurídica de COGAMI.

Este programa, desenvolvido, entre outros, pola área jurídica de COGAMI, está financiado a través dos fondos 0,7 % do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de actividades de interese xeral consideradas de interese social.

Este servizo de asesoramento especializado presta servizo tanto a persoas como a entidades do eido da discapacidade, respondendo sobre temáticas como a accesibilidade, emprego, dereitos das persoas, axudas e trámites, recursos, etc.

Dende que iniciou o ano, dende a área Xurídica respondéronse 48 consultas, a maior parte destas procedentes da provincia de A Coruña, seguida da de Pontevedra e Ourense. Outras atencións realizadas foron as 5 intervencións de apoio ao movemento asociativo representante das persoas con discapacidade.

Dende a posta en marcha deste servizo, a temática máis abordada nas consultas son sobre  a tramitación administrativa para o recoñecemento do grao de discapacidade, ademais de  consultas relacionadas co dereito ao acceso á vivenda; consultas sobre incentivos na contratación como aspectos relacionados cos dereitos laborais das persoas con discapacidade; a accesibilidade esixida respecto das prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida, ou dando resposta á consultas informativas en relación ao cambio de paradigma respecto das medidas de apoio no exercicio da capacidade xurídica impulsado pola recente normativa publicada en materia civil.