• Novas
  • 14 de junio de 2022

O servizo de emprego de COGAMI presenta a súa actividade no CIFP Compostela

O servizo de emprego de COGAMI presenta a súa actividade no CIFP Compostela

As orientadoras laborais do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) en Santiago, Ana Vázquez e Pilar Míguez, participaron nunha charla informativa na que presentaron o servizo de emprego de COGAMI a alumnado do primeiro ciclo de Técnico de Integración Social do CIFP Compostela.

Durante esta charla, as dúas orientadoras laborais presentaron a entidade, o servizo de emprego e tamén aclararon as diferenzas existentes entre un certificado de discapacidade e de incapacidade laboral para profesión habitual.

Outros dos contidos tratados foron os itinerarios de emprego nas persoas con discapacidade, dende o proceso inicial de acollida da persoa dentro do servizo, as accións que se realizan para traballar con esa persoa usuaria realizando orientación laboral e a busca de emprego.

Ademais das charlas, as dúas técnicas do SIL expuxeron casos prácticos reais para que o alumnado puidera traballar en grupo na elaboración de itinerarios laborais.

A área de emprego de COGAMI colabora con CIFP Compostela dende hai anos. O primeiro curso ten unha materia que trata sobre itinerarios de emprego, co que nos convidan a asistir e explicar o traballo que desenvolvemos.