• Novas
  • 23 de noviembre de 2022

O servizo de fisioterapia da asociación Adapta atendeu a trinta persoas das comarcas do Condado e Paradanta

O servizo de fisioterapia da asociación Adapta atendeu a trinta persoas das comarcas do Condado e Paradanta

Éxito de asistencia no programa de fisioterapia especializado en persoas con discapacidade que desenvolve a Asociación Adapta e que beneficia ás comarcas do Condado e A Paradanta.

Este programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas contribuíntes que marcaron a casiña 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social na súa declaración da renda, coñecido como X Solidaria e tamén a través do Plan de Prioridades da Fundación Once.

Este servizo estase consolidando como referente nas persoas que tiveron unha lesión ou que teñen problemas de saúde tras unha enfermidade, afección ou discapacidade. Durante este ano foron trinta e unha persoas atendidas, todas elas con discapacidade en diferentes intensidades.