A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, pon en marcha o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego dirixido a mulleres con discapacidade e que se está a desenvolver nas comarcas de Ferrolterra, Ourense e Pontevedra.
Este servizo consiste na promoción de capacidades persoais, laborais e sociais das participantes mediante o trazado de itinerarios personalizados, tratando de mellorar a súa autonomía persoal, participación social e, en definitiva, a súa inclusión sociolaboral.
Este programa está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, o que se coñece pola X Solidaria.