• Novas
  • 20 de julio de 2022

O Servizo de Orientación de COGAMI acudiu ás aulas para falar de integración laboral e economía social

O Servizo de Orientación de COGAMI acudiu ás aulas para falar de integración laboral e economía social

Co fin de sensibilizar e informar sobre a integración laboral de persoas con discapacidade e a economía social, a orientadora laboral do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI (SIL), Ana Vázquez, acompañada do técnico de proxectos de Galega de Economía Social, Daniel Fernández, acudiron este pasado curso ao instituto de ensino secundario de Pontepedriña, en Santiago.

Ante un aforo de máis de corenta alumnas e alumnos de bacharelato, o equipo profesional de COGAMI Social e COGAMI Empresarial centrouse, en primeiro lugar, en dar a coñecer a discapacidade, as súas tipoloxías e sobre as barreiras físicas, de comunicación e mentais coas que se atopa a diario unha persoa que ten discapacidade, como así puideron ver na proxección do vídeo Lo Incorrecto.

A charla concluíu centrándose no ámbito laboral, onde dende o SIL explicouse o traballo que desenvolve esta área para conseguir a inclusión laboral das persoas con discapacidade e tamén explicouse o que é a economía social e cales son os centros especiais de emprego que forman parte de COGAMI Empresarial.

Para o curso que vén, dende o SIL agardan volver  asistir aos centros de ensino que pidan a súa colaboración para difundir a inclusión das persoas con discapacidade.