A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca (AMICO) continuará este ano co programa denominado Servizo de Rehabilitación X, despois de ser informada por parte da Deputación de A Coruña sobre a concesión da subvención solicitada na convocatoria de subvencións para mantemento de servizos sociais FOAXE-P/2020.
Este servizo de rehabilitación de AMICO leva en activo dez anos e conta coa participación de preto de trinta persoas usuarias da entidade por ser un programa que facilita ás persoas con discapacidade, preferentemente da provincia coruñesa, o acceso a tratamentos de rehabilitación a un custe mais accesible.
Entre os tratamentos que integra este servizo, destacan as sesións de fisioterapia individual, terapia ocupacional, ximnasia adaptada, exercicios terapéuticos para persoas con patoloxía de Parkinson e/ou outras de sintomatoloxía afín, actividades acuáticas grupais e apoios de acompañamento nas actividades.
O COVID-19 tamén deixou a súa pegada neste programa durante este ano, sendo necesaria cesar as sesións grupais acuático terapéuticas en piscina, así como reformular as actividades grupais de ximnasia adaptada e os apoios complementarios. Agárdase, coas medidas necesarias, volver á nova normalidade en canto sexa posible.