• Novas
  • 22 de marzo de 2021

O SIL de Ourense e Provivenda unen posturas cara a inclusión de persoas con discapacidade

O SIL de Ourense e Provivenda unen posturas cara a inclusión de persoas con discapacidade

As instalacións que COGAMI ten en Ourense recibiron a visita da técnica de emprego da ONG Provivenda, entidade que dende o ano 1989 traballa para que todas as persoas teñan dereito a unha vivenda, especialmente aquelas persoas con maiores dificultades.

E un dos grupos sociais con dificultades para acceder a unha vivenda é o das persoas con discapacidade. Por iso desprazouse ata COGAMI a técnica de emprego, Blanca Fernández, quen se reuniu coa orientadora laboral de COGAMI, Laura Fernández, e os orientadores, Carlos Montero e Carlos Vázquez.

Esta reunión serviu para achegar puntos en común entre as dúas entidades e explorar posibles colaboracións en materia de emprego e vivenda dentro do grupo social das persoas con discapacidade, co fin de propiciar ferramentas que permitan o acceso a unha vivenda adecuada e segundo as necesidades da persoa.