A Federación ALCER Galicia impartiu un obradoiro para mellorar a relación entre profesionais e pacientes con enfermidade renal crónica (ERC) a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
A encargada de impartir este obradoiro foi Patricia Casal Vázquez, psicóloga da Federación ALCER Galicia, impartiu un taller para os profesionais das distintas entidades provinciais na Casa das Asociacións de Benestar Social de Santiago de Compostela. O deste seminario foi dotar das estratexias necesarias para mellorar a comunicación e a relación con pacientes con ERC cos que traballan diariamente para fomentar unha mellor alianza terapéutica. Todo iso coa finalidade de mellorar a adherencia ao tratamento nos pacientes con ERC. Asistiron todas as profesionais da entidades Alcer de Galicia.
Outro obradoiro desenvolvido por Alcer Galicia foi en Pontevedra, tendo por temática a sexualidade das persoas con enfermidade renal, impartido polo sexólogo, Alfredo Saborido, co obxecto de visibilizar o impacto que a patoloxía ten sobre a sexualidade das persoas afectadas e as xestións que na parella xorden a raíz dun diagnóstico. Asistiron 12 persoas.