• Novas
  • 15 de junio de 2021

Parkinson Galicia, nova entidade da Federación COGAMI-Coruña

Parkinson Galicia, nova entidade da Federación COGAMI-Coruña

Na asemblea celebrada en Santiago de Compostela, a Federación COGAMI Coruña vén de aprobar, por unanimidade, a incorporación como asociación membro de Parkinson Galicia Coruña.

Fundada en 1996 por un grupo de persoas con esta enfermidade e familiares e que hoxe en día conta con 605 persoas asociadas, das que 200 son persoas que teñen esta patoloxía, 150 familiares e o resto, persoas socias colaboradoras.

“Agradecemos que COGAMI nos acolla como unha entidade máis”, expresaba a secretaria da entidade, María Vinyet Miret, quen asistiu á asemblea como convidada. En resposta, o presidente da Federación, Ramón Sestayo, dixo “agora temos que ver que podemos facer en conxunto e traballar para mellorar esta situación”.

Con esta incorporación, COGAMI suma un total de 55 entidades membro, das que a Federación COGAMI Coruña suma un total de 25 entidades asociadas.