• Novas
  • 18 de diciembre de 2017

Persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra puideron experimentar por primeira vez a experiencia dos mergullos adaptados

Persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra puideron experimentar por primeira vez a experiencia dos mergullos adaptados


Un total de 16 persoas con discapacidade, todas elas da provincia de Pontevedra, viviron a experiencia do seu primeiro mergullo nunha piscina. Esta actividade de bautismos de mergullo foi posible a través do programa `Por mar e por terra´, unha iniciativa que financiou a empresa ENCE, con cargo á convocatoria do plan social ENCE Pontevedra, e que desenvolveu a Federación provincial de COGAMI en Pontevedra.

Os bautismos desenvolvéronse no centro deportivo Rías Baixas do Sur e a empresa que realizou a instrución individual de cada un dos participantes foi a Escola de Buceo Illas Cíes, a través de 3 instrutores que foron os que se encargaron de conducir e adaptar a actividade a cada unha das persoas.

O mergullo é unha actividade que forma parte do programa `O que nos move por mar e por terra´, un programa que iniciou este verán e que comprendeu outras actividades relacionadas co medio acuático, como foron os bautismos de mar que se realizaron durante o mes de xullo a bordo do veleiro adaptado Laion, nos que participaron 50 persoas.    

Outras actividades que se realizarán van ser rutas de sendeirismo a pé e en bicicletas adaptadas, convencionais e cadeiras de rodas deportivas. Estas rutas desenvolveranse polos de Pontevedra, Poio e Marín.

A través das redes é posible seguir este proxecto `O que nos move por mar e por terra´ a través do hashtag  #enceplansocialpontevedra.