Esta semana iniciou no centro de recursos que COGAMI ten en Palmeiro, un curso AFD sobre Actividades de xestión administrativa.
Financiado por la Consellería de Economía, Emprego e Industria, este curso pretende ser unha oportunidade para as 12 persoas que o iniciaron, 7 mulleres e 5 homes, unha cifra que incrementará en 2 persoas máis a partir da semana que vén. Todas estas persoas proceden dos concellos de Viveiro, Cervo, Burela, Barreiros e Ferreira de Valadouro.
Para poder apuntarse a esta formación, foi necesario ter discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual, ademais de estar en situación de desemprego e ser maior de idade.
O alumnado, co graduado na ESO ou FP1 como mínimo, terá que asimilar e controlar materias como operacións administrativas comerciais, xestión operativa de tesouraría, xestión auxiliar de persoal, rexistros contables, gravación de datos, xestión de arquivos, ofimática, ademais de sensibilización na igualdade medioambiental e de xénero e igualdade de oportunidades.
Ata finais do mes de xuño van asistir a clases de luns a venres en horario de mañá, de 9:30 a 14:30, ata completar a totalidade das 898 horas das que consta a formación e que, ademais das clases teóricas presenciais, tamén contarán con clases prácticas que realizarán en empresas da zona.
A maioría das persoas que iniciaron esta formación estaban apuntadas na bolsa de emprego que ten o Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL), que conta cunha base de datos na que hai 499 persoas inscritas como demandantes de emprego (315 homes e 184 mulleres con discapacidade) de toda A Mariña lucense.
Durante este ano, a través do SIL insertáronse 30 persoas, e a orientadora laboral, Raquel Grandío Montes, que se despraza ata a zona dúas veces por semana, orientou a 50 persoas e visitou 6 empresas para explicarlles que é COGAMI, como funciona o servizo de emprego que temos para as persoas con discapacidade e dos beneficioso que resulta darlle unha oportunidade laboral a unha persoa con discapacidade, non só porque existan beneficios fiscais, senón polo enriquecedor que resulta para a empresa coñecer a diversidade, outras realidades que existen o feito de poder ter contacto con elas.