• Novas
  • 10 de abril de 2018

Persoas con discapacidade de Santiago e comarca inician curso de xestor de almacén con COGAMI

Persoas con discapacidade de Santiago e comarca inician curso de xestor de almacén con COGAMI


As instalacións que COGAMI ten en Santiago (rúa Modesto Brocos, nº7, baixos) acollen un curso de formación de Xestión de almacén no que se están a formar 12 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual de Santiago e comarca.

Financiado pola Consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no programa operativo de Galicia 2014-2020 para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, o curso consta de 150 horas lectivas que se impartirán ata o día 23 de maio, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: atención ao público e almacenaxe, informática, carretilla elevadora e finalizará con prácticas profesionais non laborais en empresas da zona.

Esta acción formativa inicia con 12 persoas, todos homes, que proceden dos concellos de Vedra, Oroso, Ordes, Santiago, Trazo, Ames e Brión. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer as técnicas de  almacenaxe, preparación de pedidos e manexo de carretilla elevadora.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 2.124 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual inscritas na comarca, 1.187 homes e 937 mulleres.