• Novas
  • 19 de diciembre de 2018

Persoas usuarias de entidades Incorpora aprenden a xestionar a economía doméstica

Persoas usuarias de entidades Incorpora aprenden a xestionar a economía doméstica

O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) organizou en Santiago unha xornada para aprender a xestionar a economía doméstica e para informar sobre as ferramentas que poden resultar máis útiles á hora de querer aforrar ou endebedarse.


Impartido por un voluntario de Obra Social “la Caixa”, Alfredo Solla, este seminario contou coa asistencia de 16 persoas con discapacidade, todas elas apuntadas nas asociacións que forman parte da rede Incorpora (Igaxes, Feafes e COGAMI).

Neste obradoiro pretendeuse fomentar a participación de asistentes e a reflexión a través da exposición de casos particulares que permitiron coñecer e adestrar novas formas de pensar e actuar para ser máis eficaces na xestión da economía persoal.