• Novas
  • 27 de septiembre de 2023

Persoas usuarias de Medelo de vacacións en Tenerife a través dun programa de turismo inclusivo

Ata a localidade de Puerto de la Cruz, na illa de Tenerife, viaxou un grupo formado por sete persoas usuarias e dous profesionais do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, Silleda. Van pasar unha semana de vacacións a través do programa de turismo inclusivo que organiza a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), entidade da que forma parte COGAMI.

Durante os sete días que van pasar na illa, o grupo vai poder participar en diferentes actividades que engloban dende excursións para coñecer diferentes localidades e puntos relevantes da illa como tamén poderán compartir actividades culturais, realizar saídas á praia, baños na piscina e realizar paseos polos arredores.  

Este programa de vacacións promove que as persoas con discapacidade poidan exercer o seu dereito ao descanso e tempo libre, ofertando estadías en hoteis que contan con instalacións adaptadas ás persoas con mobilidade reducida. Para poder asistir a este programa de lecer inclusivo, as persoas teñen que acreditar un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ao 33% e ser maior de 16 anos.

Galería de imaxes

Todas