• Novas
  • 24 de enero de 2022

Persoas usuarias do centro de Fingoi participan nun obradoiro que organiza a Rede Museística de Lugo

Persoas usuarias do centro de Fingoi participan nun obradoiro que organiza a Rede Museística de Lugo

As persoas usuarias do obradoiro de Actividades Artísticas do centro de recursos de COGAMI en Lugo participaron nunha actividade organizada pola Rede Museística da Deputación de Lugo dentro do programa Mulleres Rurais.

Desprazáronse ata o Museo Provincial para asistir a un obradoiro de biografías cromáticas de mulleres dirixido pola artista alemá afincada en Ourense, Isabel Seidell. As persoas participantes puideron experimentar a través da pintura, facendo un percorrido sensorial con cores que representen a historia de cada unha delas, un instante concreto ou simplemente o que senten nese momento.

As obras resultantes pasaron a formar parte do proxecto expositivo Recolectoras: Memoria e terra comisariado por Alexandra R. Rey e na que participan artistas como María Gar, Ana Xesto, Isabell Seidel e Andrea Torres.

As persoas usuarias de COGAMI que participaron expresaron a súa satisfacción por poder participar neste proxecto e tamén porque as súas obras formarán parte da exposición Recolectoras.