• Novas
  • 11 de octubre de 2017

Persoas usuarias do centro que a asociación Agora ten en Monforte aprenden a traballar o coiro

Persoas usuarias do centro que a asociación Agora ten en Monforte aprenden a traballar o coiro


O centro de recursos da asociación AGORA da comarca de Lemos inicia un obradoiro de coiro no que participan 22 persoas con discapacidade, todas elas usuarias da entidade.

Esta actividade, que imparte o Centro de Artesanía e Deseño CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo a través do Programa Artesanía en curso, vai contar cunha duración de tres semanas, co que rematará o 13 de outubro, contando cun total de 25 horas lectivas distribuídas en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Impartida polo artesán, Javier de Castro Rodríguez, esta formación está a supoñer unha experiencia moi satisfactoria para todas as persoas que participan, xa que supón a continuación dun obradoiro que desenvolveron o ano anterior.

O centro de Agora decidiu repetir esta formación do coiro porque esta é unha actividade que interesou moito a todas as persoas que participaron neste obradoiro o ano pasado. Por iso, dende a entidade decidiron volver repetila e intentar dar algún paso máis no manexo e tratado do coiro.

Nestas primeiras clases están a aprender diferentes técnicas de uso e manexo do coiro. Na anterior ocasión aprenderon a facer pulseiras e carteiras e durante esta ocasión están aprendendo a deseñar chaveiros con debuxos gravados polas persoas usuarias, pero a ambición vai máis alá, polo que pretenden facer  bolsos e mochilas.