• Novas
  • 06 de septiembre de 2021

´Ponte no meu lugar´, unha charla de sensibilización impartida por COGAMI a escolares de O Carballiño

´Ponte no meu lugar´, unha charla de sensibilización impartida por COGAMI a escolares de O Carballiño

Un grupo de escolares que participaron no campamento de verán que organiza o Concello de O Carballiño asistiu a unha charla de sensibilización sobre a discapacidade que lles ofreceu a traballadora social de COGAMI, Sabela Pérez.

Baixo o nome de ´Ponte no meu lugar´, as e os máis de vinte menores asistentes á charla puideron ver uns vídeos nos que se tratou a discapacidade, amosando as diferenzas, a empatía e tamén as barreiras arquitectónicas que as persoas con mobilidade reducida atopa no seu día a día.

O fin desta charla, que se impartiu no servizo Bo Día Familia do Concello de O Carballiño, é concienciar dende idades temperás das dificultades e obstáculos cos que teñen que vivir as persoas con discapacidade na súa vida cotiá e así fomentar unha sociedade máis inclusiva dende a educación nas escolas e rachar cos prexuízos. Trátase a discapacidade como un tema transversal no que hai que traballar.