• Novas
  • 18 de diciembre de 2020

Premiada a campaña da asociación ACEM Santiago `Móvete en taxi´

Premiada a campaña da asociación ACEM Santiago `Móvete en taxi´

Unha boa noticia para festexar o Día Nacional da Esclerose Múltiple, unha enfermidade crónica, neurodexenerativa que afecta a 4.000 persoas en Galicia. A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM Santiago) vén de recoller o Premio Solidario de Concienciación que organiza a Fundación Merck Salud e avala A Sociedade Española de Neuroloxía.

Os V Premios Solidarios da Esclerose Múltiple recoñecen que a campaña `Móvete en taxi´ de ACEM Compostela foi a mellor desenvolvida durante o ano en todo o territorio español, unha campaña á que se sumaron os taxis da cidade que durante un ano levaron vinilos e pulseiras á venda para sensibilizar sobre a esclerose.

A presidenta da entidade, Teresa González, recolleu o premio que consiste na dotación económica de 3.000 euros que van ser investidos en programas e servizos que desenvolve ACEM no centro de rehabilitación integral que ten en Compostela.