Este proxecto presenta a modo de vídeo musical, as trabas coas que se ten que enfrontar a diario unha persoa con discapacidade, de modo que, ademais de denuncialas, tamén se lles dá visibilidade dende o punto de vista lúdico para o resto da sociedade.
Eu quero saír é un proxecto que realizaron con ilusión, esforzo e moita diversión profesionais e persoas usuarias dun centro que é máis que un centro no que se ofrecen servizos e terapias, é unha pequena familia no que se estreitan os lazos de amizade e compañeirismo.
Estades convidados a ver e poder escoitar as experiencias de todos os protagonistas do proxecto Eu quero saír o vindeiro venres, 15 de decembro, ás 16:30 horas no Museo Provincial de Lugo.