Soluciona EMS presenta en Santiago de Compostela unha cadeira de rodas que lle permite á persoa usuaria moverse con total liberdade polos espazos, xa que é capaz de superar os obstáculos arquitectónicos como beirarrúas, escaleiras, chanzos, costas empinadas,...
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, foi a persoa encargada de probar esta nova cadeira Top Chair e fíxoo subindo a escalinata da praza da Quintana rumbo á praza de San Martiño Pinario, para logo dirixirse ata a praza do Obradoiro.
Esta cadeira de rodas nova funciona como unha convencional, pero cobra valor porque é capaz de superar obstáculos, sendo apta para cidades con centros históricos que, pola súa consideración, están dotadas dun pavimento e dun deseño non sempre aptos para as persoas con mobilidade reducida.