• Novas
  • 09 de enero de 2023

Profesionais de COGAMI comparten coñecementos a través de xornadas de experiencias

Profesionais de COGAMI comparten coñecementos a través de xornadas de experiencias

COGAMI puxo en marcha un programa piloto que permite que profesionais de diferentes centros de traballo e servizos que desenvolve a nosa Organización poidan compartir coñecementos entre elas.

Denominado Xornadas de Experiencias, a través deste programa participaron un total de 30 profesionais que tiveron a oportunidade de compartir e intercambiar os seus coñecementos con outras persoas profesionais doutros centros de traballo.

Ata o de agora foron tres as xornadas que se desenvolveron, sendo unha delas de centros con perfís de monitores e monitoras; outra foi unha xornada de impresión en 3D dirixida a terapeutas ocupacionais e a última foi sobre terapia acuática na que participaron fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais.

Dende a área de Recursos Humanos destacan a boa acollida que tiveron estas Xornadas de Experiencias entre as persoas participantes e agardan que durante este exercicio se poidan levar a cabo outras semellantes.