Remata curso de informática aplicada a control de almacén que COGAMI impartiu en Cangas
  • Novas
  • 20 de julio de 2021

Remata curso de informática aplicada a control de almacén que COGAMI impartiu en Cangas

Rematou o curso de Informática aplicada ao control de almacén que durante unha semana impartiu COGAMI a 9 persoas con discapacidade e ou incapacidade laboral para a profesión habitual, 3 mulleres e 6 homes, dos concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín.

Estra formación está incluída dentro do programa Máis Emprego que financian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, a través do que se pretende capacitar ás persoas e orientalas ao mercado laboral, para que consigan tanto a súa primeira inserción como tamén a oportunidade de reciclarse.

Durante 20 horas, as persoas participantes no curso aprenderon a manexar os programas informáticos Windows, Word e Excell aplicables ao control dun almacén.