• Novas
  • 14 de noviembre de 2022

Remata o curso de expendedor de combustible e manipulador de alimentos impartido por COGAMI en Cuntis

Remata o curso de expendedor de combustible e manipulador de alimentos impartido por COGAMI en Cuntis

COGAMI remata o curso de Expendedor de combustible e manipulador de alimentos que estivo impartindo no centro de formación do polígono A Ra de Cuntis, no que se formaron 10 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual.

Financiada por Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE) dentro do programa Máis Emprego, esta formación contou cunha duración de 100 horas, sendo 30 destas teóricas e as 70 restantes prácticas que foron realizadas en empresas colaboradoras da zonas de procedencia do alumnado, sendo estas: Pontevedra, Marín, Cuntis, Moraña, Barro, A Estrada  e Portas.

Tralo remate do curso, desenvolveuse unha acción de mellora da empregabilidade na que colaborou a responsable de recursos humanos da empresa Termas de Cuntis, na que explicou o desenvolvemento do proceso de selección dende o punto de vista da empresa.