• Novas
  • 27 de julio de 2021

Remata o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Vilanova de Arousa

Remata o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Vilanova de Arousa

Quedou clausurado o curso de Expendedor de Combustible e Manipulador de Alimentos que impartiu COGAMI no concello de Vilanova de Arousa a 8 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a profesión habitual procedentes dos concellos de Pontecesures, Vilanova, O Grove, Meaño, Cambados e Vilagarcía.

Esta formación está incluída dentro do programa Máis Emprego que cofinancian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, a través do que se pretende capacitar ás persoas e orientalas ao mercado laboral, para que consigan tanto a súa primeira inserción como tamén a oportunidade de reciclarse laboralmente.

Este curso contou cunha duración de 100 horas lectivas que estiveron repartidas en 30 horas de clases teóricas e 70 horas de clases prácticas en empresas situadas nas zonas de residencia habitual do alumnado, co fin de facilitarlle o contacto co tecido empresarial da zona  durante o proceso de busca de emprego para a súa pronta inserción laboral.

Unha das persoas participantes nesta formación logrou a inserción nunha estación de servizo da zona tras finalizar as súas prácticas laborais e o resto contou cunhas boas cualificacións tralo seu paso polos centros de traballo.