Finaliza a formación de informática básica que COGAMI impartiu a persoas usuarias do servizo de Orientación e Intermediación Laboral que ten en Pontevedra.
Este curso é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.
Cunha duración de 20 horas lectivas impartidas en horario de mañá, esta formación ten como finalidade facilitar o acceso ao mercado de traballo, tanto se é por primeira vez como para conseguir unha reciclaxe profesional para aquelas persoas que a necesiten.