• Novas
  • 13 de agosto de 2020

Remata o curso de técnicas de venda impartido por COGAMI en Ferrolterra

Remata o curso de técnicas de venda impartido por COGAMI en Ferrolterra

COGAMI finaliza un curso de Técnicas de venda e informática no que se formaron 12 persoas con discapacidade da comarca de Ferrolterra na modalidade de distancia, debido á situación causada polo COVID-19.


Esta formación, que cofinancia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, constou de 200 horas lectivas impartidas durante os meses de xuño, xullo e agosto en horario de 9 a 14horas, constando dunha parte teórica e doutra práctica que consistiu na realización dun traballo de investigación.

O curso iniciou con 12 persoas, 9 mulleres e 3 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 32 e os 60 anos, procedentes dos concellos de Ferrol (4), Narón (4), Fene (1), San Sadurniño (1), Ortigueira (1) e Valdoviño (1).

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 2.050 persoas inscritas na comarca de Ferrolterra (946 mulleres e 1.104 homes).