A finais de decembro rematou o programa de Cooperación 2020, un programa anual financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade que permitiu a contratación de nove persoas para traballar en COGAMI. As persoas beneficiarias estaban apuntadas no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego. Contaban coa formación correspondente pero, non tiñan experiencia laboral previa.
Entre os perfís seleccionados buscáronse persoas traballadoras para os servizos de limpeza, coidadores e coidadoras, psicoloxía, terapia ocupacional, educación especial ou traballo social. As nove persoas prestaron os seus servizos nos centros de Mos, Monteporreiro, Fingoi e Medelo, así como na oficina que COGAMI ten en Ourense.
Estes programas de cooperación ofrecen oportunidades ás persoas demandantes de emprego para adquirir experiencia laboral e facilitarlle a inserción no mercado de traballo.
Ao mesmo tempo, colaboran no labor de moitas entidades sen ánimo de lucro que carecen de estrutura para a contratación de persoal, participando na realización de servizos de interese para a comunidade.