• Novas
  • 28 de septiembre de 2021

Running solidaria en Boiro a favor da asociación ASOTRAME

Running solidaria en Boiro a favor da asociación ASOTRAME

Presentada no Concello de Boiro a I Running solidaria a favor da Asociación de Transplantados de Medula Ósea (ASOTRAME) e que organiza a Sociedade Deportiva Barbantia Roda co patrocinio de Jealsa. A proba vai ter lugar en Boiro o domingo día 3 de outubro e ten como obxectivo fomentar a vida saudable e tamén a solidariedade ao colaborar con entidades sociais.

Esta carreira consta dun percorrido de 10 quilómetros e, en conxunto unha andaina. Mentres que a carreira sae ás 11 horas, a andaina farao ás 10 horas. Cabe tamén a posibilidade de participar de maneira online cun dorsal 0. As inscricións poden facerse online a través a páxina web www.emesports.es/eventos ata o xoves 30 de setembro. O prezo da inscrición son 8 euros para a carreira e 5 para a andaina, mentres que para a inscrición virtual o prezo é voluntario segundo decida cada persoa.

Esta carreira ten carácter solidario, polo que os beneficios recadados serán destinados a un fin benéfico. Nesta primeira edición, os fondos que se recaden serán doados integramente a ASOTRAME, quen os destinará ao proxecto de investigación Adianthe que aplica a intelixencia artificial para ofrecer terapias personalizadas no tratamento contra a enfermidade.

Á presentación da carreira asistiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, o presidente de Barbantia Roda, Manuel Villanustre, o vicepresidente e coordinador de Santiago de Asotrame, Mario Álvarez Rodríguez; e o hematólogo do CHUS e investigador en xenómica do cancro, Adrián Mosquera Ortigueira.