O programa de Cooperación que anualmente convoca a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade posibilitou que 31 entidades membro de COGAMI poidan contar durante este ano con persoas traballadoras que veñen a reforzar os seus equipos de traballo.
Este tipo de programas de Cooperación están orientados a entidades sen ánimo de lucro, para que poidan fomentar o emprego a través da contratación de profesionais para desenvolver actividades a favor das persoas con discapacidade. Durante 12 meses, estarán reforzando os cadros de persoal un total de 62 incorporacións novas, distribuídas en 5 entidades membro autonómicas: Agadhemo, Acadar, Agfq, Asotrame e Asem Galicia, que contarán cun total de 7 persoas.
Outras das incorporacións chegan ás entidades membro das catro federacións provinciais. As entidades da Federación de COGAMI Coruña contarán cun total de 28 novas incorporacións; ás entidades da Federación de Lugo concedérolle 7 persoas; en Discafis COGAMI incorporáronse 13 persoas e na Federación de Pontevedra un total de 7 foron as persoas contratadas a través deste programa de Cooperación.
As entidades que contarán con reforzo de profesionais nos cadros de persoal son a Federación COGAMI Coruña, Amarai, Íntegro, Ámbar, Adisbismur, Avante, Misela, Acem Santiago, Acem Coruña, Alcer Coruña, Lirega, Grumico, Párkinson e A Xanela por parte da provincia de A Coruña.
Na provincia de Lugo, ademais da Federación, tamén terán reforzo cos cooperas as entidades A Mariña COGAMI, Agora, Alcer Lugo e Alucem. Na provincia de Ourense ampliaron os cadros de persoal a Federación Discafis COGAMI e as entidades Aodemper, Aixiña, Agal, Alcer Ourense e Asdifica. Por último, a Federación COGAMI Pontevedra incorpora profesionais a través do programa de Cooperación xunto ás entidades Vontade, Adapta e Avempo.
Os postos que desempeñarán serán de persoal de mantemento, contabilidade, terapia ocupacional, persoal de administración, psicoloxía, fisioterapia, traballo social, educación social, condutor/a, logopedia, comunicación, inclusión, persoal coidador, xardinería, integración social, monitor/a de tempo libre, persoal de limpeza e mantemento, pedagoxía, técnica/o de calidade, atención en dependencia, comareiro/a e cociñeiro/a.